CRTVG

Buscar

Presentan unha moción de censura contra o Goberno de Macron

Publicado o 06/12/2018 19:21

Moción de censura contra o Goberno francés por mor da crise dos 'chalecos amarelos'. Os deputados socialistas, comunistas e do partido da esquerda Francia Insumisa presentarán o vindeiro luns a moción de censura contra o Executivo, a pesar de que Macron anulou definitivamente a polémica taxa ao carburante.

A moción debe ser sometida a votación na Asamblea Nacional polo menos 48 horas despois da súa presentación. Polo momento, os tres partidos non contan coa maioría necesaria para sacala adiante.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018