CRTVG

Buscar

Presentan en Santiago unha aplicación para xestionar a saúde cardiovascular

Publicado o 12/02/2019 16:32

É unha aplicación móbil para que os pacientes xestionen a súa saúde cardiovascular. Como? Pois esta ferramenta propón unha serie de obxectivos semanais personalizados que son monitorizados e controlados. Alimentación saudable, exercicio físico ou abandono do tabaquismo son algunhas das variables deste asistente virtual de prevención.

Ademais, tamén se está desenvolvendo outra plataforma para xestionar a distancia e habilitación tras un accidente cardiovascular. Calcúlase que máis do 30 por cento das consultas de cardioloxía poderían resolverse a distancia, o que supón un aforro de cartos para o sistema sanitario e tamén evita desprazamentos innecesarios.

Prebencar é unha aplicación para telefonía móbil destinada a previr accidentes cardiovasculares en pacientes que xa os sufriran ou que estean en risco de padecelos. Foi desenvolvida por unha empresa tecnolóxica co asesoramento de especialistas en Cardioloxía do Complexo Hospitalario de Santiago.

A ferramenta crea un perfil do usuario e monitoriza a súa actividade para controlar a evolución e fomentar a consolidación de hábitos de vida saudables. Alimentación, tabaquismo e exercicio físico son algunhas das variables. Logo dunha primeira validación, o obxectivo é ofrecérllelo aos 400 pacientes que participan anualmente no programa de rehabilitación cardiovascular desta área sanitaria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019