CRTVG

Buscar

Presentan a primeira biografía de Carlos Casares

Publicado o 20/03/2017 14:17

Henrique Monteagudo, autor de 'Carlos Casares, un contador de historias' di que o libro axuda a entender o autor, a súa obra e a cultura galega

'Carlos Casares, un contador de historias' é o título da primeira biografía do escritor Carlos Casares en que o relato da súa vida se relaciona coa súa obra. O autor é Henrique Monteagudo, profesor da Universidade de Santiago e  secretario da Real Academia Galega.

Esta biografía de Casares está publicada pola Editorial Galaxia, da que foi director o escritor nado en Xinzo de Limia e ao que este ano está dedicado o Día das Letras Legras. 'Carlos Casares, contador de historias', presentouse esta mañá en Compostela e o seu autor salientou que o libro axudará a entender, a quen o lea,  o escritor, a súa obra, a cultura e a sociedade galega do tempo de Casares.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2017