CRTVG

Buscar

A Real Academia Galega presenta a nova Guía dos elementos químicos

Publicado o 21/01/2019 15:41

Da man da Real Academia Galega, presentouse na Coruña a nova Guía dos elementos químicos.

Os autores do proxecto, Manuel Bermejo, Ana María González e Marcelino Maneiro, dedican un capítulo a cada un dos 118 elementos coñecidos. Trátase de estandarizar a súa denominación en galego e de incorporar os nomes dos últimos elementos descubertos desde a publicación da primeira guía.

Co libro, Galicia súmase á celebración do Ano Internacional da Táboa Periódica coa que a UNESCO pretende lembrar o 150 aniversario da divulgación desa clasificación dos elementos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/01/2019