CRTVG

Buscar

Presentan a Berizzo como seleccionador paraguaio

Publicado o 22/02/2019 20:26

E quen está xa no Paraguai é Eduardo Berizzo, novo seleccionador nacional. O ex adestrador do Celta asume o reto con ilusión e con ganas. E sobre todo, co propósito de levar o equipo ao Mundial de Qatar en 2022, tras as dúas últimas ausencias. Os primeiros amigables están á volta da esquina. Berizzo estrearase fronte ao Perú e México nun mes. 

Eduardo Berizzo:  "Desexaba chegar a este lugar e deixarei toda a miña capacidade ao servizo do equipo para facer un equipo mellor, unha selección mellor e culminar cun gran soño que será chegarmos a Qatar 22. Tiña moitas ganas de estar aquí, de vir e de vir pronto e de asumir o meu traballo para tentar empezar o antes posible, agárdannos días de moito traballo"
 

Noticias web

22/02/2019