CRTVG

Buscar

A Ribeira Sacra e as serras do Oribio e do Courel, candidatas a Reserva da Biosfera

Publicado o 08/08/2019 17:00

A Xunta solicitará á Unesco, a través do Goberno central, a declaración da Ribeira Sacra e serras do Oribio e do Courel como reserva da biosfera. Esta mañá presentouse a candidatura en Pantón. A candidatura inclúe 23 concellos das provincias de Lugo e Ourense. Trátase dun territorio de máis de 300.000 hectáreas cun alto valor paisaxístico e cultural.

Galicia conta na actualidade con seis reservas da biosfera, que ocupan o 24% do territorio. A decisión da UNESCO sobre esta Reserva da Biosfera non será ata o ano 2021.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019