CRTVG

Buscar

A Revista

Presentación da Revista. Acto principal do Día das Letras Galegas en Pontevedra

Publicado o 17/05/2018 12:35
Ola, que tal, moi bos días, benvidos á Revista deste 17 de Maio. Día das Letras galegas. Acabamos de escoitar a homenaxeada deste ano. María Vítoria Moreno. Unha escritora que foi, por riba de todo, mestra.
Unha namorada, como ela mesma se definía, de Galicia e da nosa lingua. Sucédense nesta xornada os actos. Un deles, o central, estaba previsto que comezase, agora mesmo, ás doce e media, no Teatro Principal de Pontevedra. Cidade na que María Vitoria se asentou. Alí está Demetrio Morenza. Comezou xa o pleno extraordinario da Real Academia Galega??

Por suposto, volveremos conectar en directo con Demetrio ao longo desta Revista, e tamén co pleno extraordinario da Real Academia Galega. Pero nesta Revista trataremos tamén outros asuntos..


Revelarémoslles todos os detalles da Festa do Salmón da Estrada. Unhas 6.000 racións de salmón se van servir o vindeiro domingo na Estrada. Tamén se entregarán uns Salmóns de Ouro. Haberá música e moitas máis actividades. Desta edicion número 44 da Festa do Salmón falaremos cos seus organizadores e agardamos algun petisco no plató.


E como cada xoves, teremos un momentiño para falar das estreas de cine. Hoxe prestaremos especial atención á que nos toca máis de preto. 'Dhogs'. Unha película rodada case na súa totalidade en Galicia. Un film de historias cruzadas irreais en distintos tempos e lugares. A ópera prima de Andrés Goteira, lucense de Meira. Os detalles achegaránolos o noso experto en cine Moncho Lemos.
Comezamos, e volvemos de novo ata o Teatro Principal de Pontevedra. Demetrio Morenza está seguindo o acto central da celebración do Día das Letras Galegas.

A Revista

17/05/2018