CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Preparan unha empanada xigante e solidaria no centro de Bos Aires

Publicado o 23/05/2016 15:25

En pleno centro de Bos Aires, na avenida de Mayo, fixeron unha empanada xigante. Unha iniciativa solidaria promovida por empresarios galegos. Máis de 10 horas de preparación, 350 quilos de masa e 180 de ingredientes deron forma á empanada máis longa da Arxentina. Unha iniciativa promovida por diversas asociacións locais presididas por empresarios galegos.

Javier Labaké, mestre cociñeiro: "Somos dez mestres, 100 colaboradores e 60 persoas na parte técnica". A meta, 80 metros de empanada cos que homenaxear este prato típico que desembarcou en Bos Aires da man da emigración.

Benito Blanco, Organización : "É universal. A empanada galega é o máis importante que hai no mundo, moi recoñecida".

Hoxe é tamén un símbolo da gastronomía local, polo que este irmandamento cobra máis forza na véspera do Día da Patria na Arxentina. Todo o esforzo desta peculiar xornada culinaria ten, ademais, un fin solidario, xa que a empanada foi vendida, porción a porción, entre o público co obxectivo de recadar fondos para a inserción laboral de mozos con síndrome de Down.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí