CRTVG

Buscar

Preparan a repatriación urxente do corpo do fiscal xeral do Estado dende Bos Aires

Publicado o 19/11/2017 14:26

A Embaixada de España na Arxentina traballa xa para repatriar con urxencia os restos mortais de José Manuel Maza, o fiscal do xeral do Estado que onte falecía nunha clínica de Bos Aires. A capital arxentina amence nestes momentos e nas vindeiras horas poderían acelerarse os trámites de repatriación.

Nesta clínica do centro de Bos Aires faleceu o fiscal xeral do Estado español, José Manuel Maza, a causa dunha complicación nun proceso infeccioso. Maza, de 66 anos, estaba na capital arxentina para participar na Asemblea de Ministerios Públicos Iberoamericanos. Durante o encontro sentiuse indisposto e os médicos recomendaron a súa hospitalización. Estaba dende o venres en coidados intensivos e aínda que o seu estado era grave, nun principio, non se temía pola súa vida. 

O propio ministro de Xustiza, Rafael Catalá, confirmou o pasamento deste home clave no manexo da crise de Cataluña que a vindeira semana cumpriría un ano a cargo do Ministerio Público Fiscal. A Embaixada de España na Arxentina xa activou os protocolos para repatriar urxentemente os restos mortais de Maza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/11/2017