CRTVG

Buscar

Un produto elaborado con leite de vaca pode protexer da covid-19

Publicado o 06/06/2021 21:48

Nun país con máis de medio millón de vacas como é Galicia dicir que un preparado lácteo pode protexernos fronte ao coronavirus resulta alentador. O produto podería comercializarse a partir de setembro en formato monodose.

Detrás deste proxecto hai grupo de investigadores andaluces. Demostraron que as vacas vacinadas contra o coronavirus bovino xeran células inmunes capaces de controlar outros coronavirus, coma o causante da covid-19. A partir do costro do animal xa vacinado elaboraron un composto, calquera persoa pode tomalo.

O leite presenta un nivel máis elevado de anticorpos xusto despois do parto. Din que o reto está agora en prolongar a produción do castro durante máis tempo.

"As persoas que adquiran a enfermidade ou que poidan vacinarse poderán tomar este produto, un preparado lácteo que lle aportará prevención fronte aos casos graves da enfermidade", di o investigador Antonio Arenas.

O leite presenta un nivel máis elevado de anticorpos xusto despois do parto. Din que o reto está agora en prolongar a produción do castro durante máis tempo.

 

Noticias web

06/06/2021