CRTVG

Buscar

Preocupan as aglomeracións sen distancia de seguridade nas praias

Publicado o 14/07/2020 15:00

Preocupan as aglomeracións, especialmente nas praias, onde as altas temperaturas fan que estes días se produzan masificacións de usuarios. Dependendo do areal, a imaxe cambia, praias case baleiras con espazo máis que suficiente... que contrastan con estas que desde moi cedo comezan a recibir usuarios.

As aglomeracións nas praias poden evitarse e moitos xa saen da casa con posibles alternativas. As masificacións foron a causa da actuación da Policía Local de Vigo nas illas Cíes, que tivo que impedir os accesos a algunhas praias do arquipélago.

Os concellos do litoral afánanse na vixilancia e control da ocupación. Predominan os comportamentos responsables, pero non hai que baixar a garda. O anticiclón converte as praias en principal destino xunto coa chegada dos turistas.

Noticias web

14/07/2020

Máis sobre actualidade