CRTVG

Buscar

Preocupación veciñal en Seixalbo, Ourense, pola proliferación de ratas na zona

Publicado o 11/06/2019 14:25

Preocupación entre os veciños de Seixalbo, sobre todo entre as nais, pola proliferación de ratas a carón dun parque infantil. Mesmo atoparon unha rata dentro do recinto onde xogan os nenos e temen que poidan atacalos. O problema, din, é a falta de limpeza, porque e a maleza invade toda a zona que rodea a zona de xogos dos máis pequenos. Aseguran que xa lle enviaron varios escritos ao Concello de Ourense para que rocen e limpen, pero din que non obtiveron resposta.

Esta rata é unha das que puideron ver e fotografar dentro do parque infantil de Seixalbo. Apareceu este días ao carón do muro dentro do recinto onde xogan os nenos e nenas. Foi unha avoa a que deu a voz de alarma. Aseguran que o problema é falta de limpeza, porque a maleza que rodea o parque invade a zona. E din que non é a primeira vez que aparecen serpes e ratas.

As nais e familiares que acompañan os cativos polas tardes no parque son as máis preocupadas. Piden que rocen e limpen a zona onde xogan os seus fillos e netos.

Agardan, din, que o Concello de Ourense acondicione e limpe esta zona que a diario empregan moitos cativos para xogar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019