CRTVG

Buscar

Preocupación polos roubos na urbanización ferrolá Cidade Xardín

Publicado o 25/05/2021 14:55

A plena luz do día e sen lles importar seren vistos polos veciños ou condutores que circulan pola zona. Así actúan os delincuentes na urbanización ferrolá Cidade Xardín.

Un treito de peche metálico intentaban levalo o sábado ás once da mañá. Porén, a Policía Local frustrou o roubo.

Denuncian tamén ocupacións ilegais nas vivendas que seguen sen vender. Iso si, din que son de xeito temporal.

Cren que ata que non rematen as obras na urbanización e a dean de alta, non poñerán o punto e final ao seu problema.


 

Noticias web

25/05/2021