Preocupación polos gromos na Mariña oriental
Barreiros, cunha incidencia acumulada a 14 días de entre 250 e 500 casos, e Trabada, que xa supera os 500 no mesmo período, son os concellos da Mariña onde peor é a situación. En Ribadeo detectáronse 13 positivos en dúas semanas sobre unha poboación de 9.800 habitantes.
Por iso, as rúas aparecen baleiras. Hai temor a contaxiarse do coronavirus e pesimismo ante unha situación que non mellora co paso do tempo.
No hospital de Burela, o de referencia para esta zona, hai tres persoas ingresadas por coronavirus logo de que se hospitalizase onte un novo paciente. Os veciños temen que os novos contaxios continúen e sigan danado o comercio e o turismo, que dependen en boa medida da veciña Asturias.
Os concellos de Ourol, Valadouro, Alfoz e A Pontenova considéranse por agora libres de covid.