CRTVG

Buscar

Preocupación polo estado de alarma no polígono do Tambre

Publicado o 16/03/2020 14:43

A actividade laboral continúa no polígono do Tambre. Pecharon as naves comerciais, de bricolaxe, xardín ou equipamentos deportivos, pero seguen as obras e tamén seguen incesantes os transportistas, sobre todo os encargados da subministración básica.

Outras oficinas tiñan hoxe nas portas carteis coma estes. E os directivos doutros reuníanse esta mañá para estudar a situación e acababan por decidir mandar os seus traballadores á casa ata que pase todo.

O impacto do estado de alarma decretado polo coronavirus notábase tamén nunha diminución do tráfico habitual e do tránsito nas rúas de Compostela, reducido a quen tiña que saír do confinamento para conseguir produtos básicos. A policía tivo que advertir aos que non comprenderan ben a norma de que esas saídas deben ser individuais e polo menor tempo posible.

Noticias web

16/03/2020