Preocupa o aumento de casos activos en Ourense, con 606 persoas contaxiadas
Publicado o 09/07/2021 15:18
Na area sanitaria de Ourense hai xa máis de 600 casos activos. A capital suma mais da metade, 68 novos contaxios producironse nas últimas 24 horas . As vilas tamén están no punto de mira. Barbadás, O Barco e Ribadavia situanse tamen cunha alta taxa de incidencia. O xerente da área fala de crecemento explosivo, concentrado nos mais novos e advirte do risco de que a situaciòn asistencial empeore se contaxian ás familias.