CRTVG

Buscar

En Barcelona preocupa o aumento da violencia no último mes e medio con oito homicidios

Publicado o 16/08/2019 21:00

Preocupación en Barcelona polo incremento da violencia na cidade. A última morte violenta rexistrouse a pasada madrugada. Un home morreu acoitelado á saída dun bar nun barrio céntrico de Barcelona. Non foi o único incidente desa noite: houbo outros tres intentos de homicidio con arma branca e dúas persoas quedaron feridas.

As autoridades locais admiten que os datos empezan a ser alarmantes: no que vai de verán, no último mes e medio, houbo oito homicidios na cidade. Desde xaneiro, xa van 12. Desde o concello de Barcelona falan abertamente de que hai unha crise de seguridade. Os Mossos d'Esquadra consideran que non é tanto.

Andreu Martínez, director xeral dos Mossos d'Esquadra, "son problemas de seguridade, en plural, vinculados a determinados delitos, que crean unha alta percepción de inseguridade na cidadanía"

Ada Colau, alcaldesa de Barcelona, "en ningún caso cremos que esto vaia ser unha tendencia ou algo que se vaia cronificar, ao contrario, pensamos que é algo que se vai cambiar"

A metade dos homicidios producíronse na rúa, e en barrios que ata o de agora, non se consideraban nada conflictivos.

"Agora é día si e día non o mesmo. Xa houbo varios acoitelamentos e hai altercados cada día"

A estas alturas do ano, Barcelona xa superou o número de crimes de todo 2018.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/08/2019