CRTVG

Buscar

Preocupación polo aumento da delincuencia nos barrios dos Castros e do Castrillón na Coruña

Publicado o 17/06/2019 13:56

Preocupación nos barrios coruñeses dos Castros e do Castrillón polo aumento da delincuencia na zona. Atracos e roubos repítense acotío e xeran inseguridade, sobre todo entre os maiores. Os representantes veciñais relacionan este aumento da delincuencia co aumento do consumo de drogas, sobre todo heroína, que xa detectaron. Como medida disuasoria propoñen o aumento da vixilancia policial e que se recupere a figura da policía de barrio.

Un dos últimos epidodios de roubo con violencia producíuse neste portal da rúa Buenavista, no barrio dos Castros. A vítima foi unha muller maior cunha discapacidade visual á que un individuo lle arrincou a cadea que levaba posta.

Un veciño conta como foi o asalto á muller no portal do edificio:" Ela entrou, abriu a porta e sen chegar a cerrala, saíu un home diante do portal, deulle un golpe, pediulle os cartos, ela díxollle que non tiña e colleu e arrincoulle a cadea que traía".

Outro di que incluso roubaron nos coches no garaxe, entón aquí pasa a policía, pero de vez en cando, e non é suficiente.

O fillo da vítima colocou estes carteis pola zona para advertir os veciños e que aumenten as precaucións. Os representantes veciñais cren que este aumento da delincuencia está vinculado co aumento do consumo de heroína.

Paulo Sexto, presidente da AA.VV. Oza Gaiteira Os Castros, di que "o feito de que aparezan xiringas nos parques da zona e aumente a delicuencia, a coincidencia vennos dicir que é a consecuencia do aumento do consumo de droga".

Unha veciña asegura que andan con medo: "A maioría que falo con elas andamos con medo, sempre vixiando, que hai moito falcatrueiro por aquí".
Ao seu xuízo, o problema debe abordarse desde dúas perspectivas: preventiva e coercitiva.

Paulo Sexto. Pte. A.VV. Oza Gaiteira Os Castros, pide que desde as adminsitracións fagan unha campaña de concienciación do perigo que conleva o consumo de droga para aprender dos erros do pasado e que non volva pasar o que pasou nos anos 80. "

O que pedimos é que se dote de medios humanos e materiais ás forzas de seguridade do Estado e que se recupera a figura da policia de barrio. Crearia un estado de seguridade entre os veciños. Tiñamos un policía de barrio que xa coñecía todos os veciños, cando había un problema xa ían falar con el e crea un estado de seguridade na veciñanza, é un elemento disuasorio".

A recuperación da figura da policía de barrio é unha vella demanda que agora volve coller forza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/06/2019