CRTVG

Buscar

Preocupación pola Lei de transición enerxética, que podería afectar máis de 3.000 traballos en Galicia vinculados co mar

Publicado o 04/09/2020 16:33

Conservas Daporta leva 80 anos elaborando produtos do mar na beira do Umia. Son xa catro xeracións traballando en Cambados e, se entra en vigor a nova Lei de costas suporá a fin da empresa.

A nova Lei de cambio climático e transición enerxética implica a modificación da Lei de costas. A polémica está na reforma drástica que suporía do réxime de uso do litoral, que limita a duración das concesións.

Coa modificación da normativa estarían en perigo máis de 1.000 empresas na costa galega e 3.000 empregos. Dende a CIG presentaron 26 alegacións ao proxecto de lei de transición enerxética, que, segundo eles, suporía unha grave afectación á nosa industria.

A cadea mar e industria rebélase contra a inseguridade xurídica que se está a xerar nun sector que é o terceiro motor produtivo de Galicia.

Unha lei que tamén rexeitan alcaldes do PSOE.

Rexedores socialistas da Costa da Morte súmanse aos da ría de Arousa. Piden que as industrias galegas vinculadas ao mar queden á marxe dos límites das concesións para que poidan seguir coa súa actividade. Sosteñen que son fundamentais na economía de moitas comarcas.

Noticias web

04/09/2020