CRTVG

Buscar

Preocupación nun edificio de Cangas pola aparición dunha serpe

Publicado o 07/06/2019 14:15

Dende hai uns días os veciños deste inmoble de Cangas viven un pouquiño inquietos. Revisan máis do habitual calquera recuncho das súas vivendas. Temen que poida volver aparecer outra serpe similar á que atopou sobre a súa lavadora unha propietaria do segundo andar.

Non entenden como esta serpe, orixinaria dos Estados Unidos, puido chegar ata un segundo andar e nunha zona urbana. Sospeitan que algún veciño pode ser o seu propietario e temen que aparezan mais réptiles no edificio. 

Os veciños deste inmoble agardan que a investigación da Garda Civil dea resultados e que todo quede nunha desagradable anécdota.


 

Noticias web

07/06/2019