CRTVG

Buscar

Preocupación na Xunta polas repercusións na pesca das negociacións do "brexit"

Publicado o 20/12/2020 20:38

Galicia pídelle ao Estado que defenda ante Bruxelas os intereses da frota galega nas negociacións do brexit
O presidente da Xunta remitiulle unha carta ao ministro de Pesca e a ministra de Exteriores na que lles traslada a preocupación do Goberno galego ante a deriva que están a tomar as negociacións entre a Comisión Europea e o Reino Unido sobre o tratado en materia pesqueira.

O Goberno galego pide que a pesca non sexa usada como moeda de cambio para chegar a un acordo. A Xunta defende un convenio que supoña o mantemento do statu quo, con acceso libre da frota europea a augas británicas a cambio da entrada dos produtos pesqueiros de Reino Unido no mercado comunitario sen ningún tipo de arancel.

Noticias web

20/12/2020