CRTVG

Buscar

Preocupación na raia polos efectos dos rexistros

Publicado o 29/07/2020 09:39

Hai preocupación por estes rexistros na raia. Comparten os criterios sanitarios, pero temen que teña un efecto disuasorio sobre os turistas que veñen de Portugal.

Abonda con que os traballadores transfronteirizos se rexistren unha soa vez, pero o resto das persoas que crucen a raia deben facelo sempre. Iso é un atranco para as relacións entre as vilas dun lado e o outro da raia, xa que en vilas como a de Tui ese tránsito é diario para facer compras, só se cambia de país por unhas horas.

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, lembra que é complicado porque "temos dous pasos fronteirizos, un deles é o da autovía, que é o máis transitado da península entre España e Portugal". Para facerse unha idea, lembra o alcalde, "transitaban uns 4.000 vehículos diarios".

O alcalde de Tui di respecto a esta medida que é "difícil comprobar a súa eficiacia e difícil de levar á práctica". O paso pola ponte vella "entre Tui e Valença é moi urbano, con transito constante ao longo do día por circusntancias económicas e familares. Imos ver como se pode artellar unha medida deste tipo".

Noticias web

29/07/2020