CRTVG

Buscar

Preocupación na industria galega do mar pola nova lei do cambio climático

Publicado o 10/03/2021 17:02

Na depuradora Mariscos Fariña, de Cambados, crece a preocupación tras os últimos avances para a aprobación da nova lei de cambio climático, que suporía a non renovación da súa concesión na localización actual na que levan instalados desde os anos oitenta.

Coma ela, un cento de empresas da industria galega do mar séntense ameazadas pola nova norma. Reclaman ao Goberno central que teña en conta as peculiaridades do sector en Galicia, que precisa traballar preto do mar.

O equipo que estuda o proxecto de lei aprobou este martes o artigo 18, un revés que tamén afecta a fábrica de ENCE. No caso da pasteira, a concesión remataría no 2033, o que a deixaría sen futuro.

O venres viaxarán a Madrid para manifestarse diante do Ministerio de Transición Ecolóxica e pedir a retirada do artigo 18 da lei que compromete a o futuro de instalacións dun cento de empresas galegas que están na costa e que sosteñen milleiros de empregos.

Noticias web

10/03/2021