CRTVG

Buscar

Preocupación na frota galega pola proposta de cotas pesqueira da Comisión Europea para o ano que vén

Publicado o 25/10/2019 21:33

A repartición definitiva das cotas para o ano que vén decidirase no Consello de Ministros de Pesca da Unión no mes de decembro. Agardan unhas negociacións moi duras. O sector pesqueiro galego di que conta co apoio da Xunta e do Goberno pero sabe que enriba da mesa terá que poñer argumentos moi sólidos para reducir os recortes.

Xa os esperaban pero non tan drásticos para dúas especies fundamentais para a frota galega. A cota da pescada redúcese nun vinte por cento. O recorte aínda é maior para o xurelo, cuxas capturas minguan nun cincuenta por cento. O chicharro é a especie principal para a frota do litoral, para os cerqueiros

"Haxa unha subida ou unha baixada é esencial para nós que haxa unha estabilidade. Non pode ser unha redución drástica dun 40% ou 50% dun ano para outro", afirma Javier Touza, presidente da Cooperativa de armadores de Vigo

Desde o sector, recordan que a propia Unión Europa establece que a pesca debe ser sostible no eido medioambiental, no económico e no social. "De pouco serve ter moi bos recursos, absolutamente garantizados, moi saudables se non temos barcos e xente pescando", di Javier Touza, presidente da Cooperativa de armadores de Vigo.

Destacan ademais o esforzo feito pola frota europea, e tamén pola galega, para ter unha pesca sostible. Poñen de exemplo que en 2009 so había 5 especies cun stock en rendemento máximo sostible, e hoxe, dez anos despois son 53.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/10/2019