Preocupación na frota galega do palangre ante a posibilidade de reducir a cero as capturas de tiburón marraxo
Publicado o 18/11/2019 15:11
Enriba da mesa hai diferentes propostas de países como os Estados Unidos, O Senegal, Gambia e a UE que apostan por unha redución de capturas a 500 toneladas anuais. A frota palangrera galega di que hai estudos científicos que avalan as 3.000 toneladas actuais de capturas na zona norte do Atlántico.
Desde a frota palangreira salientan o seu esforzo por dar transparencia con observadores a bordo dos barcos. Temen que os recortes acaben co peche desta pesqueira.
A Comisión Internacional para a Conservacioón do Atún Atlántico que se reúne desde este luns en Mallorca é un encontro vital para a frota palangreira galega. Nel reúnese a comisión que regula a pesqueira do marraxo.