CRTVG

Buscar

Preocupación entre os veciños do barrio compostelán de Conxo pola posible chegada de 'okupas'

Publicado o 16/06/2020 14:28

Os asaltos ocorreron de madrugada en catro vivendas situadas nesta travesía de Conxo de Abaixo. Tres delas son casas baleiras, se ben os seu propietarios son veciños do barrio.

Os afectados aseguran descoñecer a intención destes asaltos, xa que no interior das vivendas no hai obxectos de valor.

Tanto eles coma o resto do vecindario temen que detrás destas accións haxa un intento de ocupación ilegal.

Demandan máis vixilancia policial no barrio para evitar que se produzan ocupacións ilegais como as que xa se rexistraron noutras zonas da cidade coma Belvís ou San Lourenzo.

Noticias web

16/06/2020