CRTVG

Buscar

O peche de Vestas sacode Viveiro e dálle un novo golpe á industria na Mariña

Publicado o 22/09/2021 14:46

Con concentracións ás portas da empresa, os traballadores de Vestas iniciaron as mobilizacións para defender os 115 empregos en xogo tras o anuncio dun ERE.

A noticia pillounos por sorpresa a todos e enche de preocupación e incerteza as familias.

Futuro incerto tamén para os negocios e comercios do concello e a comarca.

Os traballadores piden a intervención das administracións antes da primeira reunión para a negociación do ERE o vindeiro martes.

Noticias web

22/09/2021