CRTVG

Buscar

Preocupación en Vigo polo incremento de casos

Publicado o 01/04/2021 13:20

Para moitos vigueses os datos do virus son cambiantes como o tempo, aínda que a maioría percibe que estamos ás portas dunha cuarta onda e que cómpre botar man doustras experiencias como o pasado nadal, ou o verán de 2020.

Nas últimas vinte e catro horas confirmáronse 39 casos por PCR nesta área. Son moitos os que consideran que logo de todo o esforzo realizado nos últimos meses paga a pena aturar un pouco máis para frear o virus.

Malia todo os vigueses non perderon a esperanza, especialmente ilusionados e nerviosos estaban hoxe os que se vacinaron no Hospital Álvaro Cunqueiro. Cinco persoas aínda continúan nas UCI viguesas e 627 persoas teñen a infección activa na área sanitaria






 

Noticias web

01/04/2021