CRTVG

Buscar

O gromo en dúas festas en casas particulares de Vigo e Patos ascende a 23 casos

Publicado o 04/09/2020 15:41

Os vinte amigos celebraron unha festa nun piso en Vigo e volvéronse reunir noutra festa nun chalé na praia de Patos. Hai 23 contaxiados. Trátase do maior gromo detectado na área de Vigo. Ademais de aos mozos que participaron nas festas fixéronselles probas a familiares e outros amigos, polo que non se desbota a aparición de novos positivos.

Desde que o Goberno decretou o peche das discotecas proliferan as reunións e festas en vivendas particulares.

Novas alternativas para divertirse na fin de semana e que se están a converter nun importante foco de contaxios.

En Santiago a Policía Local sorprendía un grupo dunha vintena de menores nunha festa improvisada nun pequeno túnel situado no barrio do Conxo

Non levaban máscara nin cumprían ningunha medida de seguridade.

A área de Vigo supera os trescentos infectados e conta xa con once hospitalizados.
 

Noticias web

04/09/2020