CRTVG

Buscar

Preocupación en Tui polo aumento de incidentes durante a fin de semana

Publicado o 12/10/2017 14:09

Milleiros de mozos van a Tui cada fin de semana para saír de noite, e os veciños din que cada vez hai máis incidentes. Denuncian pelexas, ruídos e danos no mobiliario urbano. No último altercado ata houbo enfrontamentos coa policía, que pide reforzos. 

Tui convértese durante as fins de semana nun dos principais puntos da movida nocturna do sur da provincia de Pontevedra. A súa oferta de ocio atrae miles de mozos de distintas localidades. Os veciños denuncian a existencia de numerosos incidentes nas rúas.

O último altercado provocou enfrentamentos entre a Policía e un grupo de mozos. Un deles propinoulle un puñazo a un axente cando lle pedía que se identificase tras causar danos a un vehículo estacionado na rúa. Tamén foron insultados cando mediaban nun conflito nunha rúa próxima. Piden reforzos nas quendas de noite. Os danos no mobiliario urbano e as pelexas tamén preocupan os veciños.

A Policía Local de Tui considera que o persoal é insuficiente e pide reforzos nas quendas nocturnas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2017