CRTVG

Buscar

Preocupación en Pontevedra pola situación das UCI, similar ao peor da primeira vaga

Publicado o 21/02/2021 14:59

As unidades de críticos da área de Pontevedra seguen a recibir pacientes. Hoxe, domingo, hai vinte e  unha persoas nas UCI pontevedresas, unha máis ca na área sanitaria de Vigo, sensiblemente maior.

A área de Pontevedra presenta estes días a peor taxa de positividade de Galicia e viviu varios picos preocupantes. A cidadanía considera que hai persoas que non toman en serio a situación ou que pensan que a doenza non as vai afectar.

Son 1.150 infectados só nesta área e 67 hospitalizados, pouco máis dun mes antes da Semana Santa.

Noticias web

21/02/2021