CRTVG

Buscar

Preocupación en Pontevedra pola posible estensión do gromo hospitalario

Publicado o 24/10/2020 15:07

No contorno do Hospital Provincial de Pontevedra non se fala doutra cousa que non sexa o abrocho en Oncoloxía do Provincial aínda que ninguén quere facelo a micro.
Segundo os responsables do Complexo o gromo comezou cun profesional do hospital que tiña un familiar na planta de oncoloxía.Hai 27 positivos: 9 deles son profesionais,, dez pacientes e oito familiares. O abrocho podería estenderse ao Servizo de Medicina Interna que xa foi aillado nas últimas horas. Estes últimos casos detectáronse grazas ao cribado que o SERGAS está a facer entre as mil cincocentas persoas que pasaron polo hospital cando se detectou o gromo
Os responsables do Complexo decidiron xa suspender as cirurxías de tarde e non desbotan suspender as programadas non urxentes.Na área de Pontevedra-Salnés hai 619 casos activos: nove deles están en UCI e trinta e nove nas plantas dos diversos hospitais que integran a área.
 

Noticias web

24/10/2020