CRTVG

Buscar

Preocupación nun colexio de Santiago pola actitude negacionista dunha docente

Publicado o 23/02/2021 14:46

Foron os alumnos os que xa desde o inicio do curso alertaron da incumprimento do protocolo sanitario desta docente durante as clases.

"Nos desde a ANPA levamos realmente un par de semanas, tres, recibindo queixas dos pais polo comportamento dunha das profesoras que os teñen preocupados por algúns incumprimentos de protocolos sanitarios e algunha outra actitude. Hai un par de semana que empezamos a enterarnos de todo isto que realmente xa é desde principio de curso", di Montse Trillo, presidenta da ANPA do colexio La Salle.

Malia apercibila con varios avisos verbais e unha amoestaciónns, a ANPA do centro segue a recibir queixas por novos incuprimentos que xa foron trasladas á inspección educativa.

"Se seguen recibindo queixas e nos seguimos a recibir queixas, cada vez son mási e máis pais que están preguntando aos seud fillos e esto vai medrando", di Montse Trillo, presidenta da ANPA do colexio La Salle.

A súa participación saen máscara, como se ve nestas imaxes, na manifestación negacionista do sábado reavivou a preocupación dos pais.

"Non hai ningún pai que estea poñendo en dúbida que súa liberdade de pensamento e de manifestación sexa a súa e que non é problema do colexio. Simplente o que queren é que todo isto non sexa levado ás aulas" asegura Montse Trillo, presidenta da ANPA do colexio La Salle.

Desde a dirección do centro educativo, que rexeitou atender os medios, informaron os pais dos alumnos de que a a docente foi sometida a unha PCR de urxencia á primeira hora do luns e que non se incorporou ás clases ata coñecerese o resultado negativo.

Desde a Consellería de Educación manifestaron o seu rexeitamento á actitude da docente e din que supón un mal exemplo para os compañeiros e para os alumnos.

 

Noticias web

23/02/2021