CRTVG

Buscar

Preocupación dos comerciantes do Grove pola vaga de roubos nos negocios da vila

Publicado o 07/12/2017 14:35

Nos últimos días hai unha vaga de roubos en negocios do Grove, e os comerciantes din que se senten indefensos, porque neses asaltos foron máis cuantiosos os danos que fixeron ca o botín que levaron. Cren que a vila precisa máis vixilancia policial pola noite.

Catro establecementos da contorna da rúa grovense de Alexandre Bóveda foron asaltados na mesma noite. Dúas tendas de calzado, unha de chaves e un bar foron os obxectivos, supostamente, dun mesmo individuo que accedeu aos locais forzando a pechadura.Unha das vítimas vive enriba do seu negocio e seguiu en vivo o asalto a través da videovixilancia privada. 

María Luísa di que despois de tantas xa non deixa nin cartos, nin lotería no bar, e que foi reforzando as medidas de protección. Así é todo, afirma que se sente insegura por falta de vixilancia policial.

"Han entrado...ata..sitios"Outra das vítimas desta vaga de roubos no Grove é Rodrigo. Avisouno do asalto a Garda Civil e esta mañá estaba a facer balance da situación para presentar a denuncia.

O comerciante meco di que ante esta situación se sente indefenso.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017