CRTVG

Buscar

Preocupa o ritmo de contaxios en Ribeira, Boiro ou Noia

Publicado o 07/04/2021 16:09

En Noia pecharon marzo sen casos de covid, pero nos últimos sete días saltaron as alarmas: hai 13 contaxios dun gromo familiar.

"A orixe procede dunha viaxe fóra da comunidade, e producíronse unha serie de contaxios aos contactos estreitos", explica o alcalde, Santiago Freire.

No Concello afirman que polo momento ningún deses casos reviste gravidade, e dan o gromo por controlado.

Con todo, non hai que baixar a garda. A veciñanza volve ter preocupación, e na hostalería están ben atentos á evolución da situación.

"Intranquilos e nerviosos estamos", di o hostaleiro Segundo Villar, "porque axiña podemos volver á situación de hai unhas semanas", engade. 

Mesma preocupación en Ribeira, que sumou 13 casos nos últimos sete días.

"Se isto vai en aumento, poida que nos volvan pechar outra vez", comenta Gema Recamán, hostaleira, que engade que "as cousas non están como para volver atrás".

Tamén preocupa a situación en Boiro: sumaron vinte contaxios nos últimos catorce días, 18 deles nos últimos sete.

Noticias web

07/04/2021