CRTVG

Buscar

Preocupa o posible atraso na repartición dos fondos de reconstrución europeos

Publicado o 02/10/2020 16:40

A vista do Goberno tamén está posta nos cartos que poidan vir de Europa. En Bruxelas, retómase o cumio extraordinario de xefes de Estado e de Goberno. E aínda que non vai na orde do día, o posible atraso dos fondos europeos de recuperación sobrevoa a xuntanza. Onte Pedro Sánchez defendeu unha repartición de cartos urxente.

De momento o debate xira sobre unha estratexia para o mercado común europeo. Buscan reindustrializar Europa para que non dependa tanto da China ou da India.

A clave está en reforzarse fronte aos efectos da pandemia. E neste punto é onde España urxe a  aprobar canto antes os fondos do plan de recuperación. Pero todo apunta a que se van atrasar.

O embaixador de Alemaña ante a Unión cre que é inevitable que as axudas cheguen máis tarde do previsto.

Noticias web

02/10/2020