CRTVG

Buscar

Preocupa o incremento dos traslados por teletraballo desde as zonas de transmisión comunitaria

Publicado o 13/03/2020 13:41

Aproveitan as posibilidades que lles ofrece o teletraballo, e desembarcan estes días nos seus lugares habituais de vacacións. Segundas vivendas pasan a ser primeira opción de moitos madrileños. E lugares do Levante, do Sur e mesmo do Cantábrico achéganse hoxe a niveis de ocupación propios do verán. Algo que non lles fai ningunha graza aos residentes habituais.

"Veñen aquí, pero claro, a xente ten bastante medo".

"Si, nótase un pouco o medo na xente, porque se este veu dende Madrid ou aquel a saber de onde veu", explican os veciños.

A situación preocupa ás autoridades sanitarias desas comunidades receptoras.

"Se os que veñen o traen...", lamenta unha residente habitual da Manga do Mar Menor.

"Murcia está recibindo desde o principio un bombardeo continuo de zonas onde hai transmisión comunitaria, e iso hai que paralo. Se non se illan outras provincias, teremos que illarnos nós", di Manuel Villegas. O conselleiro de Sanidade de Murcia pide consciencia do problema e limitar os desprazamentos. "Estámoslles pedindo aos que veñen, que non temos ningún problema en que veñan, que se protexan eles e que protexan tamén a cidadanía de Murcia".

Aos que buscan pasar esta tempada máis tranquilos en zonas con menos restricións pídelles que sexan responsables.

Noticias web

13/03/2020