CRTVG

Buscar

Preocupa o aumento de casos positivos na Pobra do Caramiñal

Publicado o 06/04/2021 14:25

Tres son os concellos da Barbanza que concentran o maior número de casos activos. Con 32 positivos nos últimos sete días, A Pobra do Caramiñal é o que presenta unha evolución máis desfavorable.

"Está moi negro. Hai 15 días no tiñamos ningun caso e hoxe estamos cerca dos 40", di un veciño.

Apuntan a relaxación, por parte da xente, das medidas como causa desta repunta.

Relaxación que confirman desde a hostalería, onde polo menos dous locais permanecen pechados por dar positivos os propietarios.

Pendentes dos datos que desprenda o cribado masivo que remata mañá e das decisións que saian do comité clinico, a veciñanza dá por feito es on favorables a un endurecemento das medidas entre as que incluen un posible peche perimetral.

Noia, con 12 novos casos procedentes dun gromo familiar xa controlado, ou Boiro, con 11 positivos, son xunto coa Pobra os concellos máis afectados da comarca.

Noticias web

06/04/2021