CRTVG

Buscar

Preocupa a transmisión comunitaria na Comunidade Valenciana, Madrid e Andalucía

Publicado o 01/09/2020 14:25

Os casos de coronavirus continúan expandíndose por todas as comunidades autónomas, a un ritmo case igual aos peores días de marzo.

A transmisión comunitaria preocupa especialmente en Madrid, Andalucía e Comunidade Valenciana.

O Concello de Madrid decidiu pechar as piscinas públicas e clausurar durante a noite os parques e xardíns da cidade para frear a progresión do número de contaxios por coronavirus. O obxectivo, evitar concentracións e aglomeracións que faciliten a transmisión do virus.

O Goberno local aumenta igualmente as sancións por participar en botellóns ou non usar a máscara en lugares públicos.

A día de hoxe, a comunidade madrileña é xunto coa andaluza e a valenciana onde máis preocupa a transmisión comunitaria do virus.

Cataluña, outro dos territorios con maior incidencia da pandemia, rexistrou 736 novos contaxios e 12 falecidos nas últimas 24 horas. Segundo as autoridades sanitarias catalás, o risco de repunta segue sendo moi alto na comarca ilerdense do Segriá e na área metropolitana de Barcelona.

En Euskadi, 57 ertzainas deron positivo nas probas PCR realizadas a axentes con síntomas e aos seus contactos. A metade dos axentes contaxiados están destinados en comisarías de Biscaia. No conxunto da comunidade hai 445 novos positivos, 36 máis que na xornada anterior.

"Adoptáronse tamén medidas noutras comunidades autónomas severas e restritivas como consecuencia da evolución dos contaxios que se están producindo. Este non é un fenómeno illado de Madrid".

Noticias web

01/09/2020