CRTVG

Buscar

Preocupa a presión hospitalaria polo coronavirus en Lugo

Publicado o 08/08/2021 17:26

En Lugo parece que a situación se estabiliza, pero preocupa a presión hospitalaria polo coronavirus. Arestora hai corenta e dous pacientes ingresados, dous menos ca onte, pero aumentan os enfermos críticos. Xa son oito os que están na UCI do HULA.

Os contaxios soben un cento cada día, pero todo apunta a que a quinta vaga do coronavirus na provincia de Lugo entra xa na meseta, porque os casos activos baixan.

Segundo os últimos datos do Sergas, hai dous mil quince casos activos, noventa e nove menos ca na xornada anterior, debido á cantidade de altas rexistradas dos dous últimos días.

 

Noticias web

08/08/2021