CRTVG

Buscar

Preocupa a evolución de tres incendios forestais, dous en Ourense e un en Lugo

Publicado o 21/08/2021 13:17

Preocupación pola evolución de varios lumes na comunidade. No concello lugués de Negueira de Muñíz permanece activo un incendio que xa afectou 24 hectáreas. Localízase na parroquia de San Pedro de Ernes. 

Na provincia de Ourense, outros dous lumes, rexistrados no concello de Padrenda, calcinaron unha extensión total próxima ás 40 hectáreas.

O conselleiro do Medio Rural, Xosé González, non dubida da intencionalidade nestes dous últimos casos. Lembra que o 70% do territorio galego está vixiado con cámaras. Puxo o foco na importancia da detección precoz e na investigación das causas dos lumes para dar cos autores. Lembren que hai un número de teléfono, o 085, ó que deben chamar se detectan algún lume forestal.

Tamén hai un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade incendiaria. É o 900 815 085.

 

Noticias web

21/08/2021