CRTVG

Buscar

Preocupa a evolución da covid−19 en Santiago con 77 positivos nas últimas 24 horas

Publicado o 18/10/2020 14:07

Preocupa tamén a evolución do virus na área sanitaria de Santiago-Barbanza; de feito, a capital galega e o veciño concello de Ames seguen este domingo en alerta vermella polos casos de covid−19 detectados.

Nas últimas 24 horas son 77 os positivos no total da área sanitaria e os casos activos superan xa os 700. Hai 33 persoas hospitalizadas, oito delas na UCI. Un ritmo de contaxios nas últimas semanas ao que as autoridades tentan poñer freo coas multas a aqueles universitarios que incumpran as normas.

Queren controlar deste xeito os gromos tras as festas ilegais en pisos de estudantes. As restricións en Santiago cidade e en Ames seguen a ser as mesmas que a principios e setembro, con límite de ocupación ao 50 % en locais comerciais e de hostalería e prohibición do consumo na barra.

Noticias web

18/10/2020