CRTVG

Buscar

Preocupa a alta incidencia da covid-19 no Carballiño, que acumula 155 casos

Publicado o 13/10/2020 15:26

O foco que máis lles preocupa arestora aos membros do comité clinico no provincia de Ourense é o do concello do Carballiño, onde segue a subir o número de contaxiados.

A Policía Local do Carballiño reforza o seu cadro de persoal para facer cumprir as medidas para frear a covid-19.

A vila está en alerta 3, a máxima, e a situación non fixo máis que empeorar.

Suma desde onte 7 positivos e 155 nos últimos oito días, unha incidencia altísima nun concello de 14.000 habitantes en que xa non se descarta un confinamento perimetral como o de Ourense.

Aquí, coma no Barco e en Verín, xa hai días que non se permiten as reunións de non conviventes e os bares atenden só en terrazas e ao cincuenta por cento.

Pola súa banda, na cidade de Ourense inician a cuarta xornada de confinamento perimetral e os datos comezan a reflectir a efectividade das medidas. Redúcese o número de novos contaxios na cidade e baixa lixeiramente o número de ingresos. Os casos en UCI mantéñense en 11.

A situación da residencia dos Gozos, intervida o venres pola Xunta, segue sendo delicada. 165 usuarios e 46 traballadores contaxiados; a fin de semana pasada rexistráronse aquí dous falecementos.

Noticias web

13/10/2020