CRTVG

Buscar

Préndenlle lume a uns colchóns tirados no lixo en Lugo

Publicado o 28/01/2020 13:16

En Lugo, a policía investiga quen lles prendeu lume a uns colchóns que deixaron xunto a uns colectores do lixo. As lapas e o fume afectaron un bloque de vivendas. Ardeu o cable da rede eléctrica que deixou sen luz, durante varias horas, os veciños do edificio. A rápida intervención dos bombeiros evitou que o lume chegase ás vivendas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/01/2020