Prenden un mozo por ameazar de morte cun coitelo o dono dunha cervexería da Coruña
Publicado o 21/10/2021 15:08
A Policía Nacional prendeu un mozo de 22 anos por ameazar de morte cun coitelo de 20 centímetros un dos donos dunha cervexería do barrio de Matogrande. O mozo pediu unha consumición e un dos propietarios negouse a servilo porque xa o coñecía de vello.
Daquela, o dono do local conseguiu refuxiarse detrás da barra e chamar a policía. E nese momento xa chegaron os axentes e prendérono. O dono da cervexería ten claro que nunha situación así o que non se pode facer nunca é enfrontarse porque, di, as consecuencias puideron ser moito máis graves.
Agora están á espera de xuízo, pero di que tamén máis tranquilos porque o xuíz lle puxo ao mozo unha orde de afastamento do local.