CRTVG

Buscar

Prenden tres exmembros da ETA no País Vasco por un zulo con explosivos

Publicado o 05/10/2020 21:41

Detidos en Euskadi tres exmembros da ETA como responsables dun antigo zulo de explosivos.

O agocho da banda terrorista polo que se produciron estas detencións fora descuberto de maneira fortuíta por un cidadán o ano pasado en Atauri, na provincia de Áraba.

Os tres arrestados formaron parte do comando Ezpala, integrado no complexo Donosti, e que estivo activo entre 2008 e 2010.

Noticias web

05/10/2020