CRTVG

Buscar

Prenden as luces do Nadal en cinco cidades galegas cun aumento no gasto

Publicado o 05/12/2019 21:44

O acendido celebrouse con fogos artificiais incluídos no Obradoiro que este ano recuperou o tradicional belén, e que ten tamén unha árbore de leds. En Lugo tamén prenderon esta tarde e as máis de 600.000 luces led que adornan a cidade, cunha árbore de 20 metros da praza Maior. Tamén en Pontevedra teñen árbores xigantes, a maior delas na praza da Ferrería.

En Ferrol os motivos centrais da decoración están na praza de España e na de Amboage, pero este ano o maior esforzo fixérono en chegar aos barrios. En Ourense son precisamente os barrios os que terán que esperar un pouco máis para gozar das luces. Hoxe celebrouse só un acendido parcial, no centro da cidade e nalgunhas zonas concretas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/12/2019