CRTVG

Buscar

Préndelle lume a un autobús escolar para vingar a morte de inmigrantes no Mediterráneo

Publicado o 20/03/2019 22:06
Préndelle lume a un autobús escolar para vingar a morte de inmigrantes no Mediterráneo

Pediulles aos rapaces que abandonasen o autobús e despois prendeulle lume. Ocorreu en Milán, Italia. O condutor dun autobús escolar protestaba así polo trato que reciben os inmigrantes que intentan cruzar o Mediterráneo. Non houbo feridos, pero 12 adolescentes tiveron que ir ao hospital por intoxicación de fume. O condutor, un home de 47 anos de orixe senegalesa, foi arrestado.

Horas antes, o Parlamento italiano bloqueara unha investigación ao viceprimeiro ministro Mateo Salvini por abuso de poder e secuestro de migrantes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2019