CRTVG

Buscar

Prende lume nun elevador dunha nave da Picaraña, en Padrón

Publicado o 03/01/2018 21:25

Un curtocircuíto nun elevador provoca un incendio nunha empresa de maquinaria agrícola da Picaraña, preto de Padrón. O incendio comezou nun elevador da nave situada na estrada N-550 á altura da Picaraña. O principal problema foi o espeso fume que se concentrou no seu interior, ao tratarse dun espazo con pouca ventilación. Aínda así, soamente se puideron lamentar danos materiais provocados polo denso fume. Ata o lugar desprazáronse efectivos do GES de Padrón e dos Bombeiros de Boiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2018