CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Premios do Campus da Auga en Ourense

Publicado o 13/12/2017 21:15


O proxecto de especialización da Universidade de Vigo en Ourense, o Campus da Auga, entregou esta tarde os seus primeiros Premios de Investigación, Transferencia, Innovación Educativa e Divulgación Científica.

Sete traballos e tres iniciativas relacionadas coa auga foron os gañadores destes galardóns que teñen como obxectivo visibilizar o traballo científico que está a desenvolver sobre a auga. Entre os gañadores un traballo sobre valorización de augas mineromedicinais, un artigo sobre os mecanismos de transporte da humidade atmosférica ou unhas xornadas de divulgación sobre o cambio climático.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

13/12/2017